jueves, 20 de octubre de 2011

Percorrendo A Fírveda...

O outro día foi un día precioso. A veces sorpréndeste do que podes topar nas aldeas máis recónditas, moitas de elas sen poboación, abandoadas, con moi poucos veciños, etc...pero con moita, moita historia.
 
Ese é o caso da Fírveda, onde fun tomar o café na casa das irmáns da miña tía Dora. Un xantar en torno a unha mesa do comedor na que todolos, menos eu (o curioso extranxeiro), eran orixinarios do famoso cran dos "Borras" (De ahí o orixe da palabra Borralleiro, terra dos Borras)

Pero ademáis de disfrutar da tradicional leite frita e algún chupito de licor café, tiven a oportundiade de dar unha volta por unha das aldeas máis representativas do Concello da Lama. Aquí vos deixo algunhas cousas que chamaron a miña atención, para recoñecemtento de quen a coñece e para quen a queira disfrutar:

Eu xa estivera na Fírveda moitas veces, sobretodo para ver a Fervenza que no tempo de agora, como en toda Galicia, leva moi pouca auga. É o paraxe natural por excelencia do noso Concello. Unha caída de auga espectacular a que se chega o longo de unha caneira dende o alto de A Fírveda hasta o río.



Pero entremos na aldea. Polo camiño de entrada, vindo do Borralleiro, temos un muiño en perfectas condicións, coidado e arranxado por Eloy, un veciño da Fírveda que ha dedicado moitas horas a arranxar a cada detalle o seu funcionamento. O seu pai, era coñecido como o "Republicano" e tiña todo un equipo de carpintería no que traballaba todo tipo de madeiras, de alí aprendeu Eloy.



Máis adiante están todalas casas. A aldea chegou a ter máis de sesenta veciños, hoxe conviven soamente cinco, que reparten as tarefas de coidado e organización do pobo. Pese a espectacular fervenza, A Fírveda ten un serio problema de suministro de auga, polo que teñen que racionalizar permanentemente o consumo do vital líquido, sobretodo no verán. O depósito xeral é antigo e está obstruído por raíces e matorráis que non permiten o fluxo da cantidade de auga necesaria para unha vida digna. Inclusive, a fonte no centro da aldea permanece seca , para evitar o desperdicio.

 
No centro do pobo se alza a capela dedicada a Virxe do Pilar e a San Miguel. Contruída fai moitísimos anos por unha muller dona de todo un conxunto histórico urbano, dedicoú gran parte do seu patrimonio a promocionar A Fírveda. O santo impresiona pola expresividade do demó que ten os pés.


Nesta aldea aún se fai o requesón, se muxe as vacas, se crian porcos, galiñas, patos e hasta se fai o xabón para ducharse. A visita rematoú con unha volta orredor das calles, onde iban as mozas solteiras de outro tempo, e un café en casa de Marisa.

1 comentario:

  1. Hola, estamos realizando un trabajo de investigación para la Universidad de Vigo sobre las fervenzas y saltos de agua presentes en Galicia. En concreto de A Fírveda nos está costando mucho encontrar registros oficiales sobre su historia, y en general cualquier tipo de información. Nos preguntábamos si cuentas con más información sobre A Fírveda o si podrías ponernos en contacto con algún vecino del lugar que pudiese colaborar en el estudio con lo que sepa de sus antepasados o por propia vivencia acerca de la fervenza o los molinos de agua que se encuentran en el lugar. Te facilitamos un correo por si pudieses colaborar con nosotros. Gracias de antemano: sarahuvigo@hotmail.com

    ResponderEliminar