martes, 25 de octubre de 2011

Do alto da Brea, chegando a Abelaído...


Foi un día dos que ampliaron o verán a outubro. Percorrimos meu primo Neto e máis eu un paraxe natural e cultural de A Lama que vos recomendo a tod@s @s que seguides este blog.

Comenzamos subindo Antas polo Calvario arriba e pasando o cemiterio novo, collimos a pista a dereita coñecida como "o camiño da Brea" que nos leva a capela das Ermidas. As vistas máis fermosas dos pobos do Concello: Antas, O Peso, Covelo ou A Gateira se observan enteiros, cada ún chéos de historia dos emigrantes que marcharon a outra terra para o futuro.


O chegar As Ermidas baixamos pola estrada que acorta o camiño e que chega a aldea de Abelaído. Ahí está, con novos arranxos a casa de Nieves, esa velliña avoá de uns bós amigos que sempre che tiña unha boa palabra a todolos turístas que por alí pasaban, e que agora permanence no recordo.Un camiño que chega o río, que vaí percorrendo os muiños e as fincas que en outro tempo serviron para comer, e que agora se conservan limpas pero sen a productividade de aqueles tempos. 



Unha pena esas fontes que xa non brotan auga e uns ríos que xa non chegan os muiños. Evidencian a terrible sequía que está a padecer Galicia de inicio do ano. O camiño o rematamos chegando o Peto, onde en outros tempos figuraron As Almiñas que coidó miña tatarabóa e que hoxe, como en tanto outros sitios, xa non están por que algún amante do axeno levóunas.


Abelaído, un pobo cheo de encanto, de historia, de maxia, de lembranzas e de agarimo

No hay comentarios:

Publicar un comentario