jueves, 24 de marzo de 2011

Un concello sen poboación


A principios do século XX, A Lama tiña cerca dos 6.000 habitantes. Nun tempo no que, a emigración apenas se empezaba a notar, con mala comunicación entre as aldeas, un médico a cabalo que tardaba en chegar as casas moitas horas, que cando morría alguén había que camiñar polos montes adíante para mercar as caixas de madeira e poder enterrar os mortos coas máis de 90 misas posteriores para o descanse da sua alma.

Un pobo como Gaxate tiña un aserradero, catro tabernas, dos tendas, farmacia e mil veciños. Xende facía a sua festa en honor o San Cristo no mes de xuño, no que visitaban o pobo xente que viña a andar dende Ourense ou Santiago de Compostela. A Lama facía una feira de gando que era ben coñecida en toda a provincia de Pontevedra. E os veciños de Antas empezaban a organizarse en Brasil para facer unha das asociacións de galegos máis importantes de Sudamérica: Os Amigos de Antas.

Hoxe, máis de cen anos despóis e con unha modernidade crecente en Galicia, A Lama tende a morrer. 2,964 veciños integran un pobo galego que sigue expulsando emigrantes a México, Brasil ou as Canarias. 

Un concello abandoado durante moitos anos polo goberno central e autonómico, que foi pouco a pouco perdendo os seus veciños. A morte de unha persoa en Covelo, en Taboadelo ou en A Grifa reprsenta un verdadero drama non só, para o seus familiares, senon tamen para o desarrollo económico e social de toda A Lama.

As cifras do Instituto Nacional de Estadística son alarmantes:
  • 1900 --- 5.305 veciños.
  • 1910 --- 5.241 veciños.
  • 1920 --- 5.310 veciños
  • 1930 --- 4.941 veciños.
  • 1940 --- 5.155 veciños.
  • 1950 --- 4.863 veciños.
  • 1960 --- 5.398 veciños.
  • 1970 --- 4.208 veciños
  • 1980 --- 3.040 veciños
  • 1990 --- 2.984 veciños
  • 1995 ---3.517 veciños
  • 2000 --- 3.047 veciños
  • 2005 --- 3.026 veciños
  • 2010 --- 2.966 veciños
Podemos ver que cando Manuel Rial marchou do Concello e perdeu as eleccións, A Lama tiña 3.517 veciños, para cinco anos despois (2000) perder 500 veciños, no ano 2005 outros 20, e para finales do ano pasado outros 50 e adiantar a barreira psicolóxica dos 3.000 veciños censados no Concello da Lama.

Gran parte de esta poboación vive fora do Concello o que deixa nunha situación de emerxencia as nosas aldeas que cada día están máis soas, máis despoboadas e tendentes o abandono.

¿Solucións? Nos pensamos que hai moitas.

1. Un cheque-bebé que promova as axudas do Concello as familias que deciden ter rapaces no noso Concello e, así, promover a actividade económica entre os comerciantes da zona.
2. Facilitar o acceso do concello a unha estrada nacional que dé unha comunicación máis rápida a Pontevedra e, así, poder vender con maior facilidade a alternativa de unha vida na Lama traballando na cidade.
3. Promover o alquiler e rehabilitación das casas antiguas do Concello da Lama, con un programa que facilite a incorporación de novos veciños a un alquiler accesible para parellas xóvenes.
4. Máis vivendas de protección oficial (al menos facer algunha).
5. Xenerar unha verdadeira campaña de promoción do noso Concello máis alá de ceas e comidas do Alcalde en Feiras Turísticas.
6. Rematar dunha vez o Polígono Industrial e facilitar a incorporación de industria no noso Concello.

É tal o nivel de despoboación do noso Concello que o ano pasado pechamos con unha noticia que non debía de sorprender a niguén. Un 26% dos concellos de Galicia non fixeron unha sola vivenda no segundo semestre do 2010, entre eles, sen dúbida estaba A Lama.

A urxencia de facer algo polo noso Concello está alí. Ten que ser agora, se non A Lama morre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario