sábado, 26 de marzo de 2011

As Redes sociáis en Novas Tecnoloxías na Lama


Aínda lembro como faí unhos catro anos ninguén podía imaxinar que a conexión de internet poidera ser unha realidade nas nosas parroquias.

Con aldeas nas que, aínda hoxe, non ten cobertura para os teléfonos móviles ¿como podíamos imaxinar que iban ter a posibilidade de ter unha conexión a Internet rápida e segura que lles permitira disfrutar de todas as posibilidades de comunicación coas suas familias e amigos no exterior?

Hoxe a rede é un instrumento fundamental na vida de calquer veciño que quera seguir formándose, que desexa facer os trámites do goberno con maior celeridade, en fin, para calquera que desee facilitar a vida dos seus veciños.
Facebook ou Twitter son dous exemplos claros de esa dimensión, na que centos de veciños de A Lama xa están conectados na rede e interactuan con outras persoas de outras partes do mundo.

En Pigarzos temos dous exemplos claros: miña veciña Lupe e miña avoa Marilda, que os anos non lles impediron facerse contas nas redes sociais e comunicarse mais alá de Pontellas.

Sorpréndeme moito tamén ver as páxinas web das parroquias, empezando pola miña, na que podemos ver sorprendentes rincóns na rede que descubren o noso concello polo mundo adiante. Aquí algúns exemplos en Xesta, Covelo, A Lama ou Antas:


 
 

Ou o mesmo Blog da Cárcel, no que seguimos as actividades recreativas dos presos no seu proceso de rehabilitación:



O que sinto un pouco de verngonza é de poder entrar na páxina do noso Concello:

 Unha páxina que debería de estar o servizo de todos os veciños do Concello non se actualiza dende Febreiro do ano 2007, ten convocatorias pasadas no tempo, seccións como Xuventude, Economía, Emigración e Información sen facer, un diseño pouco atractivo cara o turismo, etc.

Non sei si é por falta de interés (que sería grave) ou por falta de ideas da coorporación municipal (que sería aínda peor), o que si creo, que un Concello non pode ter unha herramienta tan importante como é a páxina web oficial do Concello nesta situación. 

Os veciños ten demostrado que se poden facer cousas ben feitas e sen moitos recursos. O goberno municipal debería de aprender dos seus veciños e regallárlles unha páxina web moderna, servicial e práctica cara o futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario