martes, 22 de marzo de 2011

Un camiño por percorrer


Hoxe comezamos a percorrer un camiño. Un camiño que xa empezou Manolo Díaz no ano dous mil sete, e que continuamos un equipo de veciños que estamos ante todo, comprometidos con un Concello da Lama con xuventude e mocidade, con servizos sociais aos nosos maiores, con traballo, con benestar, con futuro.

A partir de hoxe, para todos os veciños e veciñas que usan a rede como un medio xa de vida e de comunicación, faremos unha serie de post das actividades da candidatura do PSdeG-PSOE o concello da Lama. Pero tamen para todo os emigrantes en México, Brasil, Arxentina ou outros países a onde tiveron que ir os veciños da Lama. Os seus fillos e netos. Para todos eles, esté blog é unha ventá a súa terra, o seu corazón.

Non é fácil cambiar as cousas, pero cando levas a ilusión e o agarimo polo teu pobo, sempre poderás conseguir cousas marabillosas. Cando unha soa persoa achégase a tí e dache ánimos, é un escano máis a subir camiño a conquistar o triunfo.

A Lama morre. A Lama vai nun ferrocarril camiño a suá desaparición. E coa sua desaparición tamén se perderán as lembranzas das suas parroquias. Axúdanos. Entre todos nos, poderemos subir o tren e cambiarlle o rumbo. Este é o teu espazo. Benvido.

2 comentarios:

  1. ¡Dios! ¡Qué difícil me pones el camino al cielo!

    ResponderEliminar
  2. Ao ler as túas verbas dáste de conta na realidade na que estamos sumerxidos, na que ó olvido toma o protagonismo e as riendas das nosas vidas. O futuro da Lama non podemos deixar que sexa da cor do esprito do prestige, senón verde, como a esperanza, e a nosa natureza e potencial.
    Somos os que temos que tomar partido, e ese partido é o PSOE.

    ResponderEliminar