lunes, 4 de abril de 2011

A Festa do Pelete e a Romería das Ermitas: Interés Turístico Rexional

De todas as festas que se fan venerando, moitas delas, santos e vírxens patróns dos lugares, hai dúas que ten unha dimensión moito maior, dúas que son de momento, as únicas capaces de congregar a centos de persoas de toda a Provincia de Pontevedra:

A Romaría das Ermitas (ANTAS) e a Festa do Viño do Pelete (COVELO).


Ambas festas ten a capacidade de mobilizar a moitísima xente, independentemente de que se faga un día calquera da semana, por que son festas que polo longo dos tempos medraron da man da emigración e que conseguiron facer unha tradición xa básica na vida de moita xente: unha, ir comer de campo o día 5 de agosto e, a outra, a apertura das pipas de viño do Pelete e mollarse.


Pero como tantas outras festas tamén ten perdido xente. Por que para promover unha festa máis alá dos límites do noso concello hai que facer máis que traer o Presidente da Deputación de Pontevedra a xantar. Un alcalde se ten que involucrar nas festas, ser un máis das persoas que participan da festa e reunirse anualmente coas comisións de festas para promover o seu desenvolvemento máis óptimo.

Non cabrearse por que te tiren o viño por riba, se non ser unha persoa aberta a festividade do teu concello.


Por iso, nos propoñemos al menos dúas solucións para o desenvolvemento destas festas:

1. A primeira e, tal vez a máis importante, conseguir que a Xunta de Galicia declare de INTERÉS TURÍSTICO REXIONAL ambas festas. O Concello o ten intentado "daquela maneira", pois presenta a proposta, a envía a Santiago de Compostela e o alcalde non se preocupa máis ata que a resolución e denegada. Nos propoñemos facer unha reunión con ambas comisions e facer unha presentación (que non representa moito gasto) para "vender" ambas festas na Comisión Delegada da Xunta de Galicia para as festas de interese turístico rexional. Conseguir iso e moi importante para o noso Concello e para o desenvolvemento e futuro das festas. Actualmente, na comarca de Pontevedra, soamente hai tres festas que ten ese distintivo: A festa da troita en Ponte-Caldelas, o Entroido de Cobres en Vilaboa e a Festa de San Benitiño de Lérez en Pontevedra. Unha festa de interese turísitico rexional é promovida nas feiras turísticas internacionais alá onde a Xunta de Galicia participa e ten, por un outro xeito, maior facilidade para acceder as axudas públicas.

2. O apoio institucional do Concello as festas que prometeu o Alcalde no seu progama electoral vai máis alá, de que o alcalde vaia as festas a xantar ou a bailar. Iso está moi ben, pero nos creemos que o Alcalde debería de facer al menos, unha reunión anual para escoitar as propostas de todas as comisións de festas do noso Concello. Antes do verán, nas instalacións do Concello, convocar a os President@s das comisiones de festas de todas a parroquias, para analizar as necesidades de todas e buscar vías de futuro para a sustentabilidade das nosas festas.

As festas da Lama ten moito potencial, non podemos agardar a que morran, temos que actuar.

1 comentario:

  1. Hola Enrique.
    Vaya sorpresa, buscando sobre la Virgen de los Remedios del Pelete, es que encontré tu blog. Al ver tu nombre, comencé a relacionar y feliz coincidencia, somos primos! Mis abuelos vivían en Campelo. Seguro te suena Manuel G. V.
    Te felicito porque es muy interesante lo que aquí compartes. Te seguiré leyendo.
    ¿Podría ser posible ver fotografías de la Virgen que está en la capilla de Los Prados, la de Las Ermitas y principalmente de la Virgen de los Remedios del Pelete?
    Es un asunto de morriña por el abuelo que nació en el Pelete y alguna vez procesionó con Ella.
    Sería muy importante para mí poder recordar los detalles de la imagen. Si te es posible, claro...
    Desde México muchos saludos.
    Tere.

    ResponderEliminar