viernes, 1 de abril de 2011

As Colonias de Covelo

Sitios con historia na Lama hai moitos. Algúns lembran tempos de prosperidade. Outros tempos nos que hubo fame e miseria nas nosas parroquias. Todos ten o seu encanto, pero de todos, hai un que impresiona a todo aquel que o coñece: As Colonias de Covelo.


Un lugar maravilloso, cheo de historia no que o sentarse porriba dunha escaleira ou deitarse entre os carballos recibe a inspiración  e as vivenzas de un home que foi o que cambiou a vida en Covelo: Manuel Barreiro Cabanelas, "O conde".

O Conde era un deses homes dos que hai poucos, ou dos que non hai hoxe en día. Un home rico, que puxo a sua fortuna a disposición do seu pobo regalando casas, facendo doacions importantes e facendo as escolas das Colonias de Covelo.



O Alcalde prometeu fai catro anos a "sinatura dun convenio co patronato das colonias de covelo para levar a cabo actividades de intercambio e campamento para todas as idades". Nunca chegou.

No noso programa electoral nos comprometemos a mellorar as instalacións das colonias de Covelo y rehabilitar as antiguas escolas para darlle un uso social que aprobe o Patronato. Non é de recibo que un sitio de tanta fama no noso concello se tope nesta situación de abandono e desprecio.

Imaxe do deterioro e abandono das Colonias de Covelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario