O Grupo Municipal
Socialista no Concello de A Lama en base ao disposto nos artigos 91.4
e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar
de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta
MOCIÓN, en base a seguinte
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Dende principios do mes
de Febreiro, A Lama está a sufrir unha serie de roubos nas
parroquias de Antas, Covelo, Seixido e Xesta en casas baleiras dos
emigrantes.
Tres
meses que están provocando na poboación de A Lama unha alarma
xeneralizada que moitas veces non permite descansar pola noite a
xente de unha idade máis avanzada polo medo que impregnou en tódalas
aldeas.
Escoitamos na prensa de,
ao menos, dúas reunións do Señor Alcalde de A Lama e o Subdelegado
do Goberno prometendo maior seguridade, evidenciada con maiores
controles de noite e de día.
Sen embargo, a tardanza
de reacción da subdelegación do Goberno de España segue permitindo
que un grupo de persoas cometan os roubos e atemoricen a xente sen
ningún tipo de solución.
Peor aínda, foron as
declaracións do señor Antonio Coello o pasado 13 de maio, nas que
reduciu o número de roubos a ridícula cifra de 14, nos últimos
catro meses.
Iso, só evidencia a
incompetencia dun subdelegado ou as gañas que tiñan de mentir, pois
este Grupo Municipal ten constancia de, ao menos, 34 roubos nas catro
parroquias de Febreiro a Maio; máis outros intentos falidos en casas
habitadas.
Non é posible, que unha
casa na parroquia de Xesta sexa roubada en tres ocasións e a
Subdelegación do Goberno banalice os problemas de seguridade do noso
concello.
Mesmo a Garda Civil
recoñece máis de trinta roubos en casas baleiras nos últimos
meses, por lo que, só nos queda facer a seguinte pregunta: ¿Está
capacitado o señor Coello para combater a delincuencia? Nos creemos
que non.
En
virtude do exposto o Grupo Municipal Socialista, presenta a seguinte
MOCIÓN para o seu debate en Pleno, e que se acorde o seguinte:
1º)
Reprobar ao Subdelegado do Goberno de España en Pontevedra, Antonio
Coello Bufill, pola súa xestión nos roubos nas parroquias do
Concello de A Lama.
2.º)
Dirixirse ao Delegado do Goberno en Galicia, para que aprobe o pago
de horas extra a Garda Civil e a presenza de maio número de
efectivos para poder deter aos delincuentes.
15 Maio de 2014
Asdo.: O Portavoz
Municipal do Grupo Socialista
ENRIQUE VAQUEIRO COSTAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario