sábado, 11 de junio de 2011

Unha nova corporación socialista en A Lama

A partir de hoxe son oficialmente concelleiro en A Lama, a terra que tanto quero, onde naceron os meus avós, onde estou feliz.



Pensei que íbamos ter un pleno bastante máis "movido" do que pensei, pero o final os tres concelleiros do PSdeG-PSOE, os sete do PP e a concelleira do BNG tomamos posesión dos nosos cargos con normalidade.

O azar quixo que presidíramos a mesa de composición Eduardo Soto, como Presidente o concelleiro de máis idade; e como Vocal eu, o de menos idade.

Foi un momento importante na miña vida. Diante a Constitución Española do 1978, prometín o cargo. Teño que decir abertamente que sempre costa, cando eres un republicano convencido, prometer a lealtade o Rei. Pero eu son un home de Estado e respeto todalas institucións do Estado, incluíndo a corona.

Agora empeza un novo tempo no Concello de A Lama. Un tempo no que os tres concelleiros estarán a traballar día a día polo benestar das e dos nosos veciños. A Lama merece un goberno que traballe, pero tambén una oposición que sexa responsable.

Aquí empeza tambén un novo tempo para dúas parroquias: Gaxate e Xesta. Que volven a estar soamente representadas polos concelleiros do Grupo Socialista.

Pero tambén empeza unha nova etapa na miña vida, chea de ilusión, chea de ganas de traballar pero sobretodo, con moita sensatez e prudencia na maneira de actuar.

Dende este espazo tamén damos a coñecer que, o Grupo Socialista en xeneral e os concelleiros en particular, otorgarán o goberno presidido polo alcalde Jorge Canda, uns días de gracia, nos que empece a dar a coñecer as políticas que levará a cabo para facer do noso concello un luar máis agradable para vivir.

E para @s veciñ@s da Lama un mensaxe de agarimo. Estou aquí con vos, xa sabedes onde estou.

1 comentario: