jueves, 27 de febrero de 2014

A estrada do Monte do Ceo de A Lama: Unha ruina.

O PSdeG-PSOE de A Lama urxe o arranxo da estrada do Monte do Ceo da Lama antes da Festa de Xende

O Portavoz do PSdeG-PSOE en A Lama, Enrique Vaqueiro, pedirá no próximo pleno ordinario o arranxo da estrada que conecta as poboacións de A Lama e Xende, antes da celebración da Festa do Santo Cristo.
"A situación da estrada é lamentable. A chuvia ten feito moito nunha estrada que está abandoada polo Concello de A Lama. Coa chegada da Festa moitos son os autobuses e centos de persoas que peregrinan o Santuario de Xende, e co a estrada nestas condicións, córrese un risco de accidente moi elevado", afirmó Vaqueiro.

"Faría moi ben o alcalde e poñerse a traballar para os veciños e veciñas de A Lama, e deixarse de denuncias en contra da Parroquia de Xesta por estradas que nin sequera son da súa competencia", sentenció Vaqueiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario