A continuación, transcribo a nosa proposta:
O Grupo Municipal
Socialista no Concello de A Lama en base ao disposto nos artigos 91.4
e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar
de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta
MOCIÓN, en base a seguinte
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
A Serra do Suído
representa un dos máis importantes paraxes naturais da provincia de
Pontevedra, na que se dan as circunstancias para unha interacción
positiva entre a protección do medio natural e a produción de
importantes explotacións agrarias.
Dende máis de
catrocentos anos o pastoreo tradicional no monte, foi unha constante
como un medio de subsistencia para miles de familia; de tal
importancia, que foi un referente para la separación entre termos
municipais e provincias.
Hoxe, coa terrible crise
económica e a liquidación das axudas da Unión Europea, os
gandeiros do Suído atópanse na necesidade de buscar alternativas
comerciais para colocar os seus produtos no mercado, facendo un
importante gasto para o mantemento do gando no monte, sobretodo no
inverno.
E por iso, que unha
Calidade Diferenciada, sería unha poderosa ferramenta para dar os
pasos camiño de colocar a Terneira Galega do Monte do Suído, no
mapa dos produtos alimentarios en Galicia e en España.
Existen distintas
ferramentas para ese uso, que dotan o produto de dúas vantaxes
fundamentais: o valor añadido para o produtor e as garantías de un
producto de calidade para o consumidor.
E por iso, que os
concellos que integramos a Serra do Suído , debemos aunar esforzos
para que aqueles gandeiros que están interesados en facer as
certificacións de terneira galega, o podan facer.
O custo é de seis euros
por becerro, con unha producción aproximada de 500 cabezas nas
parroquias de Xesta, Seixido, Antas, Verducido, Xende, A Lama y
Gaxate, rondaría los 3.000 euros. Unha cantidade pouco significativa
no orzamento municipal.
En
virtude do exposto o Grupo Municipal Socialista, presenta a seguinte
MOCIÓN para o seu debate en Pleno, e que se acorde o seguinte:
1º)
Estudar o asunto nunha Xunta de Voceiros Municipal.
2.º)
Convocar unha reunión no termo municipal das asociacións gandeiras
para expoñer a proposta e escoitas as necesidades dos produtores na
actualidade.
3 º)
Aprobar o gasto e estudar a súa forma de pago.
19 de Marzo de 2014
Asdo.: O Portavoz
Municipal do Grupo Socialista
ENRIQUE VAQUEIRO COSTAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario