Non hai cartos no Concello de A Lama. Ou, al menos, non hai cartos para algunhas cousas, pero para outras si.
No último Pleno Municipal, o alcalde afirma que será "imposible" restaurar o Monumento o Emigrante de As Ermitas por que non hai cartos.
Nunha comparecencia esperpéntica afirma que "non temos garantías de que o rouben" outra vez. É bastante claro. O concello non poder facer nada na vía pública por que o poden roubar.... Toda unha afirmación chea de sentidiño....
Agora ben. É verdade que o Concello de A Lama está nunha mala situación económica debido as múltiples facturas que tiña o alcalde sen pagar e que Hacienda topou no seus caixóns...., pero fai moito que pedimos que suprima o soldo do Tenente de Alcalde (ao parecer, en retirada), para poder aforrar....
Se o Tenente Alcalde nos custa 23,542.98 euros o ano, por tres anos son 70.628.94 euros.
Xa teríamos Monumento o Emigrante!
Está ben que, polo menos, recoñeza o falta de cumprimentos por parte do seu presidente provincial, Rafael Louzán, para montar un monumento alternativo.
De eso, nos encargaremos o socialistas os próximos días, de facerlle recordar o que ten que facer....