O
Grupo Municipal Socialista,
en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais
e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta,
diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN,
en base a seguinte
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Fai
uns días que tivemos coñecemento da pretensión da Xunta de Galicia
de talar os árbores plataneiros centenarios que discorren pola
estrada C-531 o seu paso polas aldeas de Gaxate e Verducido.
O
paseo de entrada a aldea de Gaxate, ademais de ser un importante
valor natural do noso entorno, forma parte integral da identidade
cultural da aldea, pois está relacionado coa chegada de emigrantes
que plantaron aqueles árbores.
Para
Gaxate son un símbolo da aldea.
No
caso de Verducido, a situación e similar. Case trinta árbores están
en risco de ser cortados a altura do quilómetro 12 , enfréente da
casa reitoral e da casa do pobo, no que é unha clara agresión a
estética da aldea.
Dende
a administración local, e conscientes das xestións que ten
realizado o alcalde de A Lama, consideramos que o pleno da
corporación ten unha oportunidade de manifestar o rotundo rexeito a
tala para facer presión a Xunta de Galicia.
Así,
o Grupo Municipal Socialista presenta a seguinte MOCIÓN
para o seu debate en Pleno:
O
Pleno do Concello de A Lama acorda:
- Rexeitar a tala dos 44 árbores centenarios marcados en Gaxate e os 28 marcados en Verducido.
- Trasladar este acordo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
- Estudar a posibilidade de declarar a zona como formación senlleira de Galicia.
MAIO
2013
Asdo.:
O Portavoz Municipal do Grupo Socialista
ENRIQUE
VAQUEIRO COSTAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario