lunes, 5 de diciembre de 2011

O escudo do Concello e a identidade cultural dun pobo....

Teño dende fai uns días un debate na cabeza que me ocupa.

Como consecuencia de todo o que ten pasado nas nosas aldeas de A Lama dende que o Alcalde decidira cortar o alumeado público da unha de mañá hasta as sete, moitos veciñ@s se convencen da necesidade real de fusionar concellos pola súa deficiencia.

“Se tés un bo alcalde, un concello de 3.000 persoas como o noso vai arriba. Pero como che toque un incompetente a cousa ten problemas”, soltoume un veciño o outro día. ¿E que me decides vos do que escribiu outro amigo de Gaxate no facebook sobre si A Lama debería ou non existir como Concello? Está claro que una falta de xestión e incompetencia fan que todos teñamos máis débeda, e prexudica o país.

Que o alcalde de A Lama deba máis de 100.000 euros de luz, e un motivo máis de aumento de déficit da provincia de Pontevedra, da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Goberno de España.

¿Cantos casos de corrupción urbanística se escoitan día a día por culpa de concelleiros e alcaldes corruptos e inoperantes no noso país? En gran parte a responsabilidade de esas competencias ven da Lei de Bases de Réxime Local.

Eu non quero que A Lama pase a ser Ponte-Caldelas. Nunca o quixen así, polo agarimo que lle tiven e lle teño o meu concello. Pero é verdade que cando a cidadanía ve unha mala xestión, o que máis quixera é cambiar a administración, e a fusión de concellos.

Eu penso que un concello ten que ter identidade propia, e a identidade empeza polos seus símbolos. Por iso, propoño modificar o escudo do noso concello.

Un león sobre unha viga de ouro non representa a nosa cultura, nin as nosas tradicións e, aproveitando que o noso concello non ten legalizado o escudo, podémolo cambiar. Por iso vos pido que me enviedes propostas.

¿Creen que sería bo cambiar o escudo?

¿Que propoñedes?